Microsoft presenta unha tecla Copilot para os PCs Windows con IA

O 2024 é o ano no que a Intelixencia Artificial (IA) comezará a xogar un papel relevante nos nosos dispositivos, integrándose non só no sistema operativo, senón tamén a nivel hardware. Tal é así que Microsoft vén de anunciar unha nova tecla Copilot adicada, que estará presente nos PCs con Windows que chegarán ao longo do ano.

Copilot é a gran aposta de Microsoft no campo da IA. Durante o pasado 2023 poidemos descubrir moitas das súas potencialidades, que van desde a reinvención da experiencia de busca integrada en Bing até o potenciar a produtividade en Microsoft 365. Para a súa implementación, a compañía traballou cos seus grandes partners a nivel de procesadores, AMD, Intel e Qualcomm, quenes tamén foron anunciando durante as últimas semanas innovacións que desbloquean novos escenarios de IA en PCs.

Para Microsoft, a integración da tecla Copilot supón o primeiro cambio significativo no teclado dos PCs con Windows tras preto de tres décadas, cando introduciron a tecla Windows. Implica darlle unha importancia esencial á IA, para que as usuarias poidan acceder rapidamente a toda a experiencia Copilot desde os seus dispositivos PC.

A nova tecla Copilot no CES

Os primeiros dispositivos que integrarán a tecla Copilot veranse durante esta semana no CES de Las Vegas, o primeiro gran evento tecnolóxico do ano. Comezarán a chegar ao mercado entre finais de febreiro e a primavera, e inclúen os novos modelos de Surface, a liña hardware de Microsoft.

Sobre o autor

No Responses

Reply