Motorola volve coma marca comercial (e estrea logo)

Cando Lenovo se fixo coa división de móbiles de Motorola, estes reduciron o nome dando como resultado uns terminais baixo a marca Moto by Lenovo.

A nova de hoxe é que Lenovo decidiu volver ás orixes e recuperar a marca Motorola, é dicir o nome completo e sen apelidos. Na nosa opinión é un paso acertado pois Motorola como marca tiña moita sona e boa reputación co seu resurxir grazas ao primeiro Moto G, que tan bó resultado lles reportou, entón que necesidade había de matar unha marca como esta?

O fondo de todo o asunto está na intención de Lenovo de potenciar a súa propia marca nos mercados americano e europeo, que a dicir verdade, se falamos de smartphones é unha marca residual se a comparamos coa competencia ou coa propia Motorola. A xulgar polas consecuencias, semella que esta aposta non deu os froitos agardados.

Ademáis da volta de Motorola, tamén nos presentaron un novo logo que loce como vedes debaixo destas liñas

Welcome/Benvida/歡迎 Motorola!!

Sobre o autor

Reply