O HTC U tería marcos táctiles atendendo á última filtración

O próximo 16 de maio HTC anunciará o seu teléfono referencial para este 2017, o HTC U, aínda que en moitas filtracións dos últimos meses apareceu co nome en clave de HTC Ocean.

Atendendo a estas filtracións o trebello tería como un dos seus principais reclamos os marcos táctiles, que serían capaces de responder á presión e ao deslizamento dos dedos. Esta funcionalidade aparece nun vídeo promocional que tamén foi desvelado de maneira accidental.

https://www.youtube.com/watch?v=-fSPvl8UMy4

Como se pode ver no vídeo, o funcionamento sería tal que ao premer sobre o marco abriríase un menú estilo o Edge de Samsung, que se podería manexar arrastrando o dedo ao longo do marco para escoller unha determinada aplicación a abrir.

Triunfará esta nova tecnoloxía ou quedará nunha mera curiosidade? Haberá que agardar a ter o dispositivo na man para ver como funciona e se realmente é algo útil. Vós que pensades?

Sobre o autor

Reply