Samsung está de noraboa. En aproximadamente un mes, Samsung conseguiu vender máis de 10 millóns de unidades do seu Galaxy S8, dato obtido da suma das vendas dos dous modelos, o S8 e S8+.
A cifra é sorprendente, non polo dato illado, senón porque posto en contexto, o seu predecesor (o Galaxy S7) tardou uns 7 meses en acadar esta cifra de venta. Ademáis temos que ter en conta de que o Galaxy S8 en calquera das súas variantes, aínda non está presente en todos os mercados, e aínda ten que chegar a diferentes territorios, polo que se poñemos todas circunstancias en conxunto, podemos supoñer que o S8 será un supervendas durante o ano 2017.
Sen dúbida unha boa nova para Samsung, logo do mal recordo que deixou o Note 7, pois pertence a unha das principais familias da súa oferta.