Adamo chegará coa súa rede de 1000 Mbps ao norte de Lugo no mes de marzo

A operadora Adamo, a primeira que ofreceu 1000 Mbps no Estado español, vén de anunciar esta mañá a ampliación da súa rede para chegar a zonas do norte de Lugo, ademais de Navarra e Castilla – La Mancha. Faráo seguindo a filosofía da empresa desde o seu nacemento, chegando aos núcleos rurais e tamén ás novas áres urbanas de grande densidade.

Este novo despregamento de rede supón unha inversión de máis de 50 millóns de euros na primeira fase, creando aproximadamente uns 1100 empregos, sumando os directos e os indirectos. Con esta aposta calculan que serán quen de chegar a 1,5 millóns de fogares no 2020.

No caso das localidades da zona norte de Lugo está previsto que o servizo esté dispoñíbel a partir do mes de marzo deste mesmo ano.

Despregamento segundo os Fiberhoods

Adamo ten previsto facer o despregamento da súa rede segundo a demanda nos diferentes Fiberhoods. O funcionamento é ben sinxelo, e tan só hai que completar tres pasos:

  1. Amosar interese. É preciso que haxa unha persoa embaixadora e 30 clientes potenciais para crear un Adamo FIberhood nunha vila, sendo a embaixadora a persoa responsábel de coordinar os esforzos.
  2. Proxecto: a seguinte fase consiste en crear a páxina do proxecto, fixando un obxectivo de clientes potenciais necesarios para despregar a fibra.
  3. Despregamento. Acadado o número necesario, comézase co despregamento.

O rexistro faise na propia páxina do proxecto: https://fiberhood.adamo.es/

Prezos

A fibra de Adamo pódese contratar de diversos xeitos. A modalidade máis básica, que inclúe só fibra 1000 / 300 Mbps, custa 34,99 €/mes,. A maiores pódese contratar servizo de telefonía fixa con fibra por 42,29 €/mes e mesmo engadir servizo de móbil.

Sobre o autor

Reply