Quedan apenas unhas semanas para que o Mobile World Congress, a gran festa mundial do móbil que se celebra un ano máis en Barcelona. O fabricante taiwanés Asus ten previsto acudir este ano cargado de novidades, entre as que con toda certeza van estar os novos Asus Zenfone 5.
A través dun tweet Asus confirmou tanto a data da presentación, o 27 de febreiro, como o hashtag da campaña, #BackToThe5, nunha clara referencia ao Zenfone que toca este ano. Así mesmo, a compañía tamén habilitou unha web cun contador regresivo que chegará a cero no momento no que comece o evento.
Save the date this 02.27 for #MWC18 and let's #Backto5. Check here: https://t.co/dXV4vXxsoq to find out more. pic.twitter.com/kGaDwL28f7
— ASUS (@ASUS) January 31, 2018
Segundo apuntan todas as previsións, ademais do Asus Zenfone 5, no evento veríanse outros modelos derivados para completar a familia, como vén acontecendo nos últimos anos. Deste modo, teríamos tamén unha versión “lite” ou descafeinada do modelo principal e outra “max”, algo máis ambiciosa en características.
En calquera caso, até o de agora non hai filtracións que confirmen ou desmintan estas informacións, polo que debemos agardar á data de presentación para ver que ten preparado Asus para este 2018. Serán quen de sorprender?