Lowi multiplica por dous os gigas das tarifas até 4 GB durante dous meses

A compañía de baixo custe Lowi, pertencente ao grupo Vodafone, vén de anunciar unha promoción pola cal regala durante dous meses o dobre de gigas a todas as clientas – novas e actuais – que teñan tarifas de móbil de 1, 2, 3 e 4 GB.

A promoción está vixente desde onte e até o 30 de abril, e dobra os gigas de móbil tanto nos servizos de só móbil como nos combinados de fibra + móbil, durante dous meses consecutivos e sen custe. Ademais, mantense a posibilidade de manter os gigas non gastados para o mes seguinte.

As usuarias actuais disfrutarán dos gigas extra de forma automática, e ás novas clientas disfrutarán do dobre de gigas desde o momento no que se active a súa liña de móbil. Para estes últimos, no caso de que a activación se produza no mes de abril, disfrutarán da promo en abril e maio.

Recentemente Lowi levou a cabo unha actualización das súas tarifas que supuxo o incremento dos datos incluídos nas mesmas. Esa información pódese consultar nesta ligazón.

Sobre o autor

Reply