Novo OPPO F7, con cámara frontal de 25 megapíxeles… e notch

Levamos unhas semanas bastantes intensas en canto a presentacións de novos dispositivos Android. Un dos últimos modelos en ver a luz é o OPPO F7, un trebello do fabricante indio OPPO no que se fai unha aposta importante pola fotografía na cámara frontal, ao incluír un sensor de 25 megapíxeles.

O trebello alberga unha pantalla de gran formato, un panel TFT IPS de 6,23 polgadas con resolución Full HD+ (2280 x 1080 píxeles) e formato 19:9. No seu interior leva o procesador MediaTek Helio P60, de oito núcleos a 2 GHz, xunto con opcións de 4 ou 6 GB de memoria RAM e 64 ou 128 GB de memoria interna.

A cámara traseira é de 16 megapíxeles con flash LED, mais onde realmente destaca é na cámara dianteira, na que temos un sensor frontal de 25 megapíxeles con apertura f/2.0. En canto ao resto de especificacións cabe destacar a presenza do sensor de pegadas dixitais traseiro, a conectividade WiFi de dobre banda, o Bluetooth 4.2 e o USB Tipo C.

A batería que leva é de 3540 mAh de capacidade, e como sistema operativo emprega Android 8.1 – Oreo, aínda que non puro, senón coa personalización propia de OPPO, Color OS, na súa versión 5.0.

No que ten a ver co deseño estamos a falar dun trebello no que se aposta por unhas liñas moi coidadas e pantalla infinita que ocupa o 88% do frontal. Os marcos están moi axustados, e na parte superior temos un notch para integrar a cámara, o altofalante e algún que outro sensor. Para atopar o lector de pegadas dixitais temos que ir á parte traseira do dispositivo, no que o metal resulta ser o principal material empregado en fabricación.

Dispoñibilidade e prezo

O novo OPPO F7 estará dispoñíbel en India o 2 de abril e, proximamente, chegará tamén ao mercado chinés, aínda que podería pórse á venda en novos mercados, entre eles o europeo. En canto a prezos, o modelo con 64 GB custará 275 € ao cambio, mentres que o modelo con 128 GB ascenderá até os 340.

Sobre o autor

Reply