Kirin 980 e AI Cube, as novidades de Huawei no IFA

Huawei anunciou a pasada semana en Berlín o seu novo procesador Kirin 980 durante a keynote celebrada no marco do IFA 2018. Trátase do primeiro chipset do mundo en ser fabricado con tecnoloxía de 7 nanómetros, o que supón un novo avance en rendemento, eficiencia e conectividade.

Como era de supór, este novo procesador está orientado á intelixencia artificial (AI), un eido polo que Huawei está apostando este ano, especialmente no campo da fotografía. Ademais, tamén está equipado cun módem que admite LTE Cat.21 cunha velocidade máxima de descarga de 1.4 Gbps, coa opción de agregación de operadores.

O anuncio do novo procesador non chegou acompañado de novos trebellos, aínda que é de prever que sexa o Huawei Mate 20, previsto para dentro dunhas semanas, o primeiro modelo en integralo, así como tamén os futuros smartphones que cheguen o ano que vén para sustituír á familia P20 / P20 Pro.

Por outra banda, e moi ligado tamén á Intelixencia Artificial, o fabricante chinés anuncioi o AI Cube, un altofalante “tipo Google Home” compatíbel con Alexa, o asistente virtual de Amazon. Porén, ademais de altofalante intelixente, o AI Cube tamén é un router 4G, o que multiplica as súas posibilidades.

Sobre o autor

Reply