Vodafone engade o teléfono sostíbel Fairphone 3 ao seu catálogo

A operadora Vodafone vén de anunciar tres medidas dentro dun programa de maior respecto co medio ambiente a sostibilidade. A primeira é a comercialización do smartphone sostíbel Fairphone 3, que terá lugar a próxima semana. Ademáis, a compañía crea a liña de accesorios “Red Loves Green”, fabricados con materiais reciclados ou biodegradábeis, e se compromete a reducir o tamaño das tarxetas SIM á metade de tamaño para reducir os residuos plásticos nun 50% a partir do próximo marzo.

Fairphone 3

O teléfono Fairphone 3 é o terceiro modelo da serie de teléfonos sostíbeis da compañía Fairphone. É un modelo Android con deseño modular composto de pantalla, batería e cámara que poden repararse polas usuarias de xeito sinxelo, co que prretenden extender a vida do dispositivo e minimizar o impacto ambiental.

Como non podía ser de outro xeito, o seu embalaxe é sostíbel e reutilizábel, e os materiais de fabricación do teléfono proveñen sempre de fontes responsábeis: estano e tungsteno non vencellado a conflitos, cobre e plásticos reciclados e ouro provinte de comercio xusto.

Estará dispoñíbel desde a próxima semana a partir de 11 €/mes durante 24 meses cunah permanencia de 18 meses ligada a un plan Vodafone One Ilimitada, que inclúe chamadas e datos ilimitados, fibra 100 Mbps e o pack SerieFans con HBO por 64,99 €/mes.

Red Loves Green

Por outra banda, Vodafone anuncia que a súa rede de tendas xa teñen dispoñíbeis os accesorios da liña Red Loves Green, que inclúen carcasas de teléfono 100% biodegradábeis ou reciclábeis feitas de, por exemplo, plástico oceánico reutilizábel e con envoltorios libres de plástico.

A compañía planea ampliar esta gama de produtos con cargadores e bases de carga feitos con materiais sostíbeis en 2020. De forma progresiva iranse incorporando outros accesorios feitos con materiais reciclábeis.

Novas SIMs á metade de tamaño.

Por último, Vodafone tamén anunciou que desde marzo de 2020 reducirá o estándar de tarxeta SIM (tamaño tarxeta de crédito) cun novo formato á metade de tamaño, o que reduce nun 50% a cantidade de plástico empregado para prodoucir SIMs.

Isto forma parte da estratexia da compañía para minimizar o uso de todos os plásticos non esenciais.

Sobre o autor

Reply