Vodafone mellora as súas tarifas de prepago con máis gigas e sen mudar o prezo

A operadora Vodafone anunciou esta semana a renovación do seu portfolio de tarifas prepago, que actualiza para engadir unha maior franquía de datos, de entre 6 e 10 gigas, dependendo da tarifa que se teña contratado.

Tras estes cambios, a oferta que a compañía tiña até o de agora actualízase do seguinte xeito:

  • Vodafone prepago S. Ofrece 12 GB (antes 6 GB), chamadas ilimitadas a todos os prepago de Vodafone e 300 minutos nacionais e internacionais a 56 destinos por 10 euros ao mes.
  • Vodafone prepago M. Ofrece 20 GB (antes 12 GB), chamadas ilimitadas a números nacionais e 800 minutos en chamadas internacionais a 56 destinos por 15 euros ao mes.
  • Vodafone prepago L. Ofrece 35 GB (antes 25 GB), chamadas ilimitadas a números nacionais por 20 euros ao mes.
  • Vodafone prepago XL. Ofrece 45 GB (antes 35 GB), chamadas ilimitadas a números nacionais por 30 € (antes 35 €) ao mes.

Ademais, tamén se crean dúas novas tarifas:

  • Vodafone Prepago S Voz. Ofrece 10 GB de datos e chamadas nacionais ilimitadas por 10 €/mes.
  • Vodafone Prepago XXL. Ofrece 55 GB de datos e chamadas ilimitadas por 40 €/mes.

Sobre o autor

Reply