O Huawei Nova 9 SE ponse á venda no noso país

Huawei vén de poñer á venda no noso país un novo terminal da serie Nova, o Huawei Nova 9 SE, un dispositivo con especificacións de gama media, pero que comparte as liñas de deseño de outros modelos da compañía de maior nivel.

Como xa é habitual, o trebello incorpora unha pantalla de grandes dimensións, concretamente 6,78 polgadas. Trátase dun panel IPS LCD, con ratio 20:9, resolución FullHD+ (2388 x 1080) e taxa de refresco de 90 Hz. No seu interior alberga un procesador de Qualcomm, o modelo Snapdragon 680, e 8 GB de RAM, cn 128 ou 256 GB de capacidade de almacenaxe interna.

No apartado fotográfico tamén nos atopamos coa xa habitual combinación multicámara, destacando na parte traseira o sensor principal, de 108 MP. Xunto a este, temos un angular de 8 MP, un sensor de profundidade de 2 MP e un sensor macro, tamén de 2 MP. Para a parte dianteira, Huawei decidiu incluír unha cámara de 16 MP.

A batería é de 4.000 mAh de capacidade, con carga rápida de 66W, e a conectividade queda no 5G dual, xunto con WiFi 5 e Bluetooth 5.0. Leva NFC para pagos móbiles, USB-C e lector de pegadas dixitais, situado no lateral. Como sistema operativo temos un sistema baseado en Android 10, con EMUI 12 e sen os servizos de Google.

Dispoñibilidade e prezo

Como avanzamos ao comezo deste artigo, o novo Huawei Nova 9 SE xa está á venda no noso país, onde se comercializa unicamente a versión de 8 + 128 GB, cun prezo de venda de 349 €. Pódese mercar en branco, azul ou negro.

Sobre o autor

Reply