Os novos auriculares realme Buds Air 3s estarán dispoñíbeis desde mañá no noso país

O fabricante chinés realme vén de anunciar a chegada ao noso país dos novos auriculares sen fíos da compañía, os realme Buds Air 3S, froito do resultado dun desarrollo de dous anos e tres meses, no que traballou un equipo acústico e un equipo de I+D formado por cinco expertos en acústica e tres expertos en enxeñaría.

A marca asegura un son de gran calidade e unha boa experiencia de cancelación de ruído, xa que os auriculares contan cun control de graves que inclúe un dirver de titanio de triple silicona líquida de 11 mm, que facilita o accionamento do son. Tamén inclúe a tecnoloxía Dolby Atmos, favorecendo a reprodución de audio de alta calidade AAC e un axuste de ecualización personalizado, ofrecendo un son premium ás usuarias.

Deseño

O deseño do estoxo está inspirado nunha caixa de música, cun esquema de cor minimalista e fresco. A cuberta superior da carga de caixa é transparente, cunha forma curvada, lixeira e translúcida, co obxectivo de dotar ao produto dunha sensación futurista.

Se falamos dos auriculares, estes contan cun deseño de patillas curtas para dar unha apariencia máis compacta, e almofadiñas de silicona para maior comodidade. A parte posterior das variñas do auriculares está fabricada cun proceso de chapado ao baleiro para crear a textura cerámica que dota aos auriculares dun aspecto máis elegante.

Conexión e autonomía

Dispoñen de conexión Bluetooth 5.3 e Super Low Latency de 69 ms, o que mellora a eficiencia na comunicación e a conexión sen fíos dos dipositivos Bluetooth ao mellorar as transmisións, as actualizacións de conexión e a xerarquía de canles. Tamén ofrece un menor consumo de enerxía, menor latencia, mellor inmunidade ás interferencias e sinais máis estábeis ca a anterior versión.

En canto á autonomía, ofrecen até 30 horas de reprodución, e o conxunto dos Buds e do estoxo están completamente cargados en apenas unha hora. Ademais, con 10 minutos de carga rápida ofrécese unha autonomía de reprodución de música de 5 horas.

Dispoñibilidade e prezo

Os realme Buds Air 3s chegan mañá ao mercado de maneira oficial, aínda que xa se poden mercar en prevenda. Custan 49,99 €, e no noso país estarán dispoñíbeis unicamente en negro.

Sobre o autor

No Responses

Reply