Bard, a intelixencia artificial de Google, xa se integra en Gmail, Drive, Maps e outras ferramentas

O crecemento e expansión das intelixencias artificiais (IA) está a ser espectacular nas últimas semanas, coa aparición de múltiples ferramentas que están a dar moito que falar, sobre todo por ter simplificado os procesos para empregalas, de maneira que calquera persoa pode sacarlles partido malia ter poucos coñecementos informáticos.

Bard, o experimento de Google para colaborar cunha IA xenerativa, tamén foi anunciando novidades nestes últimos días, e tras a ampliación dos idiomas soportados a máis de 40 (entre eles o español e portugués, pero non o galego), chega a integración nas aplicacións e servizos de Google, de maneira que as súas respostas serán máis útiles para as usuarias.

Esta conexión permite, a través das extensións de Bard (polo de agora só dispoñíbeis en inglés), interactuar coa información de interese procedente de ferramentas que moitas usamos a diario, como Gmail, Drive, Maps, YouTube ou os buscadores especializados en voos e hoteis, mesmo cando esta información está repartida en diferentes aplicacións e servizos.

Google exemplifica estas novidades con dúas funcionalidades moi interesantes, como son a busca de emprego ou a organización de viaxes en grupo. Así, podémoslle pedir a Bard que busque o noso CV almacenado na nube de Drive e que faga un resumo ou nos axude a facer unha nova carta de presentación; ou ben que organice unha viaxe coas nosas amizades, comprobando que todas as persoas estén libres, para facilitar unha proposta de visitas, voos e consellos de viaxe.

  

Sobre o autor

No Responses

Reply