Vodafone proba un sistema de detección temperá de incendios forestais

En Galiza somos moi conscientes da lacra que supoñen os incencios forestais ano tras ano. Uns lumes que arrasan centos de hectáreas cada ano nos montes galegos, o que fai que traballar nas labores de prevención sexa fundamental, así como tamén o desenvolvemento de ferramentas que permitan a súa detección temperá cando se producen.

O uso da tecnoloxía ten servido para axilizar a resposta ante os incendios, mais agora Vodafone pretende ir un paso máis aló. Dentro das súas investigacións sobre o Internet das Cousas (IoT), a compañía está a realizar un proxecto piloto cunha solución orientada a traballar na detección temperá dos incendios forestais, na cal, a través de sensores capacades de distinguir diferentes tipos de materiais e un sistema de algoritmos personalizado para o tipo de vexetación do entorno no que se instale, é capaz de detectar mediante intelixencia artificial as partículas que se producen nos primeiros minutos de combustión.

Os datos recollidos procésanse mediante “machine learning” e big data, de tal forma que os sensores son quen de identificiar como “ule” o bosque no que están instalados, e se hai lume, detectalo. A diferenza de outras tecnoloxías, esta solución permite alertar en poucos minutos da existencia de incencios forestais no seu estadio inicial, desde a fase de combustión lenta, sendo esta a chave principal para atallalos con éxito, minimizando (ou cando menos reducindo) o seu impacto.

As probas de campo deste proxecto piloto impulsado por Vodafone levaranse a cabo nos próximos meses, co obxectivo de verificar como axuda á detección temperá e á prevención de incendios forestais, sendo este un paso previo a calquera comercialización ou instalación final.

Máis de 5,2 millóns de liñas IoT

Vodafone conta con máis de 5,2 millóns de liñas activas da Internet das Cousas (IoT) no mercado español, integrando IoT en sectores como o da seguridade e as alarmas, a banca a traavés dos medios de pago, os operadores loxísticos, as flotas conectadas, o sector socio – sanitario, as enerxías renovábeis, a agricultura, a xestión de residuos ou a xestión integral das augas.

Sobre o autor

No Responses

Reply