544 millóns de euros para ampliar a cobertura 5G en concellos de menos de 10.000 habitantes

O BOE vén de anunciar unha nova convocatoria de axudas para despregar o equipamento necesario nos servizos de 5G do en concellos de menos de 10.000 habitantes. Trátase da convocatoria UNICO 5G Redes Activas, dotada cun orzamento de 544 millóns de euros financiados con fondos Next Generation EU, no marco do Plan de Recuperación e Axenda España Dixital 2026.

Esta convocatoria está dirixida a operadores en concorrencia competitiva, e pretende axudar a proveer en zonas rurais o equipamento activo, pasivo e infraestruturas que permitan desenvolver esta tecnoloxía nos que non existe – e onde non estaba previsto nos tres próximos anos – cobertura móbil 4G de cando menos 50 Mbps en sentido descendente.

Polas súas características, o 5G abre novas posibilidades para a transformación dixital máis aló da comunicación entre persoas. Así, destacan as potencialidades para sectores como os do agro, o turismo ou a mellora de prestación en servizos públicos, ademais da Internet das Cousas (IoT), a intelixencia artificial (AI) ou as realidades virtual e aumentada.

Sobre o autor

Reply