BlueOS, o sistema operativo que prepara vivo

Logo de que Xiaomi anunciase o seu propio sistema operativo, HyperOS, que ten por obxectivo poñer orde no amplo ecosistema de dispositivos da marca, outro dos fabricantes de referencia do mercado asiático segue os seus pasos: falamos de vivo, que vén de anunciar BlueOS, un sistema operativo independente baseado en Rust para os seus trebellos, que presenta como unha alternativa a Android.

A diferenza do sistema de Xiaomi, que ao estar baseado en Android mantén a compatibilidade coas súas aplicacións, BlueOS está desenvolto nunha linguaxe afastada de Java, e que resulta incompatíbel coas aplicacións de Android.

Polo de agora vivo emprega este sistema operativo en smartwatches, o que non resulta tan traumático para as usuarias en canto a compatibilidades, ofrecendo unha maior eficiencia, ao poder traballar en dispositivos configuracións mínimas de hardware, ao extremo de CPUs de 200 Mhz e 32 MB de RAM. O fabricante afirma que o seu sistema operativo, ademáis de resultar máis lixeiro ca Android e o seu WearOS, tamén resolve mellor a xestión de memoria, velocidade de inicio de aplicacións e a ocupación de memoria.

via GIPHY

En canto aos móbiles, polo de agora vivo mantén o uso de Android e a súa capa OriginOS, polo que os seus smartphones seguirán a ter a tenda de aplicacións de Google e, polo tanto, acceso aos milleiros de aplicacións dispoñíbeis nela, incluíndo os Google Services.

Funcionalidades de Intelixencia Artificial

BlueOS tamén abre a porta a un gran modelo de Intelixencia Artificial (IA), confiando en ser capaces de xerar texto, imaxes, e mesmo voces e outros contidos baseándose na interacción natural, grazas ao uso de linguaxes xenerativos.

O primeiro dispositivo en integrar BlueOS será o novo smartphone vivo Watch 3.

Sobre o autor

Reply