Nothing Phone está a preparar o lanzamento dun novo dispositivo de gama media, o Nothing Phone 2a, que vén de ser descuberto a través dunha filtración que adianta algunha das súas características, e tamén unhas imaxes que desvelan en parte o seu deseño.
Seguindo coa liña habitual da marca, o Nothing Phone 2a destacará por un deseño que permite ver o interior do dispositivo, algo que desde logo resulta moi chamativo e diferencial respecto ao que fan o resto de fabricantes.
En canto ás súas características máis técnicas, o novo modelo de Nothing contará cunha pantalla Samsung AMOLED de 6,7 polgadas e unha taxa de refresco de 120 Hz. Na parte frontal central situarase unha cámara dianteira con resolución de 16 MP.
A cámara principal (traseira) está formada por dous sensores, sendo o principal de 50 MP. Tamén se adianta contará cunha batería de preto de 5.000 mAh (4920 mAh), malia que polo de agora non se confirma se disporá de carga rápida e a que velocidade. A súa conectividade será 4G.
En canto ao software, o novo Nothing Phone 2a virá con Android 14 de fábrica, iso si, con capa de personalización Nothing OS 2.5
Con estes datos que nos serven para abrir boca, teremos que agardar até que o anuncio do dispositivo (ou da súa presentación) sexa oficial para coñecer a folla completa de características e tamén o seu deseño cunhas imaxes de calidade.
Vía | X