Máis da metade das liñas “fixas” son en realidade móbiles

A telefonía fixa foi perdendo importancia nos últimos anos, até o punto de que cada vez é máis habitual ver servizos de conectividade que non ofrecen este servizo. Moitas das liñas que se existen a día de hoxe consérvanse por un aquel de nostalxia, e outras téñense simplemente porque veñen incluídas nos paquetes contratado.

Sexa cal sexa o caso, o 57% destas liñas fixas xa son en realidade liñas móbiles que emulan a numeración fixa, unha cifra que se dispara se falamos dos operadores alternativos: 8 de cada 10 liñas fixas destas compañías son móbiles. Tan só Jazztel segue ofrecendo fixo cableado, cun prezo moi superior á competencia (25,99 €/mes).

As alternativas das compañías do Grupo MásMóvil -malia ser idénticas en cobertura e en incluír chamadas ilimitadas a fixos e móbiles- van desde os 12,90 €/mes que custa o plan das marcas Pepephone e MásMóvil, aos 14 €/mes de Yoigo. Pola súa banda, Orange cobra polo servizo 12,95 €/mes (inclúe 1 GB de datos e limita a 3.000 os minutos de voz) e Vodafone 14,60 €/mes, con chamadas ilimitadas.

Mención á parte merece Movistar, que cobra 17,40 € pola liña individual, sen incluír as chamadas na tarifa. Naqueles casos nos que pechou a central de cobre e non hai alternativa de fibra, Movistar ofrece o servizo a través de cobertura móbil.

Sobre o autor

Reply