Lyntia introduce a tecnoloxía “Hollow Core” para mellorar as capacidades da fibra óptica

A operadora neutra de fibra óptica Lyntia presentou onte a tecnoloxía “hollow core”, que a compañía introduce no noso país tras unha exitosa proba de campo en entorno real. Este primeiro paso confirma a viabilidade e efectividade desta tecnoloxía de fibras de núcleo oco para conseguir unha transmisión de datos máis rápida e eficiente que as fibras convencionais. De feito, os primeiros datos apuntan a unha mellora na latencia do 30%.

Para levar a cabo estas proxecto, Lyntia colaborou coas empresas Nokia, OFS| Fukurawa Solutions e Digital Reality (Interxion). As catro compañías conseguiron implementar esta tecnoloxía hollow core, que a diferenza das fibras ópticas convencionais -onde a luz viaxa a través dun material sólido- conta con espazo central baleiro (oco) polo que se guía a luz. Deste modo, esta desprázase un 46% máis rápido ca nos núcleos sólidos de fibras, influíndo directamente en ter unha latencia máis reducida.

Antes de levar a cabo as probas en entornos reais, levouse a cabo unha proba piloto nun laboratorio de París cos expertos en redes ópticas de Nokia Bell Labs, onde se realizaron diversas probas. En comparación coa fibra tradicional, amosaron unha significativa redución da latencia e uns efectos non liñais considerabelmente baixos. Ademais, este piloto demostrou unha velocidade de datos de 800 Gbps e 1,2 Tbps, o que fai destacar o potencial deste tipo de fibras ocas de romper o límite de capacidade de Shannon non liñal das fibras de núcleo sólido.

A proba de campo realizada por estas empresas reforzou estes datos, conseguindo unha mellora significativa na latencia, onde se obtiveron 4,287μs para 1,386 quilómetros. Coincidindo cos resultados de laboratorio, supón unha mellora superior ao 30%, por riba do obxectivo esperado. A capacidade despregada durante o piloto foi de 6 x 100 Gbps sobre unha lambda de 600 Gbps, e 10 x 10 Gbps sobre unha única lambda de 100 Gbps.

Polo de agora esta nova tecnoloxía vai estar vencellado ao mundo empresarial. De feito, as compañías coinciden en sinalar que o caso de uso máis típico será a conectividade entre sedes ou data centers, cuxa reducción de latencia sexa crítica para o negocio. Agárdase tamén que as próximas evolucións permitan mellorar os rangos de atenuación e capacidade óptica.

Sobre o autor

Reply