Samsung anuncia nova tablet: Galaxy tab S6 Lite (2024)

Aplicando aquilo de que se algo funciona, para que cambialo, Samsung vén de anunciar a nova Galaxy Tab S6 Lite (2024). Trátase dunha actualización moi sutil dun modelo que ten funcionado moi ben, ao combinar deseño, cunhas prestacións medias e a presenza do icónico lapis S Pen.

Precisamente este lapis incluído é un dos elementos diferenciadores, que permite tomar notas ou debuxar, mesmo sen necesidade de desbloquear a pantalla a través de Samsung Notes. Ademais, non é preciso cargalo de maneira independente, mellorando a experiencia das usuarias.

Características da Galaxy Tab S6 Lite (2024)

A nova tablet de Samsung vén cunha pantalla TFT de 10,4 polgadas e resolución 2000 x 1200 (WUXGA+). No seu interior integra un procesador de oito núcleos (catro a 2.4GHz e outros catro a 2.0GHz), xunto con 4 GB de RAM e 64 ou 128 GB de memoria interna, ampliábeis mediante tarxetas microSD de até 1 TB de capacidade.

Dispón de cámaras únicas na parte traseira e frontal, de 8 e 5 MP respectivamente, e a súa batería é de 7040 mAh de capacidade. No aspecto multimedia, destaca o dobre altofalante, con son AKG e Dolby Atmos, e en canto á conectividade, vén con WiFi e Bluetooth 5.3, ademais de LTE na súa versión con conectividade móbil.

A inclusión de Android 14 e a súa interface One 6.1 son a principal novidade deste nova versión, cuxa folla de especificacións técnicas mantén practicamente sen tocar desde a versión de hai dous anos.

Dispoñibilidade e prezos

A nova Samsung Galaxy S6 Lite (2024) está dispoñíbel desde o pasado 28 de marzo en tres cores: rosa, azul verdoso e gris.

Sobre o autor

Reply