O robot hidráulico Atlas, de Boston Dynamics, viralizou como a pólvora cando foi anunciado, pola súa semellanza humanoide e capacidade de levar a cabo certas accións sorprendentes. Agora, este robot ten un sucesor, que destaca por ser 100% eléctrico.
A compañía estadounidense apunta a que este novo modelo, será máis forte e terá un mellor rango de movemento, incidindo tamén nun maior equilibrio, aspecto no que xa destacaba a primeira versión.
Como non podería ser de outro xeito, este novo robot integra ferramentas de intelixencia artificial (IA) e aprendizaxe automático. Entre os seus posibles usos estarían a manipulación de obxectos e a adaptación a situacións que poideran ser complexas ou perigosas para os humanos, como as que se desenvolven en entornos industriais. Porén, a comapñía non entrou en máis detalles.
Que a súa forma sexa humanoide nin implica que os seus movementos estean limitados como os das persoas, non hai máis ca ver o vídeo que acompañamos neste artigo.
Co salto ao eléctrico, Boston Dynamics vai na liña de outros proxectos que se atopan moi avanzados, como o Optimus de Tesla ou o Digit V4 de Agility Robotics.