Euskaltel inicia a comercialización de FTTR

A finais de ano Movistar anunciou a comercialización de FTTR, o servizo de fibra até a habitación. Esta tecnoloxía permite desfrutar da conexión con calidade en todos os recunchos da casa, xa que serve para achegala aos diferentes cuartos. Porén, polo de agora só está dispoñíbel para a clientela de Movistar de Madrid.

Euskaltel súmase agora á comercialización deste servizo en Euskadi e Navarra. Destaca a compañía o “salto significativo” para a conectividade doméstica e de negocios, e entre as súas vantaxes pon en valor a máxima cobertura, coa mínima latencia e unha maior velocidade garantida en cada recuncho.

A instalación consiste na colocación dunha finísima fibra óptica -practicamente imperceptíbel- que se adhire ao rodapé ou ao teito, quedando integrada, selada e dispoñíbel para o seu uso nas estancias nasque se considere colocar.

En canto a prezos, o servizo FTTR de Euskaltel ten unha cota de 10 €/mes para a primeira habitación, e de 5 €/mes adicionais por cada habitación que se sume a esta primeira. A diferenza de Movistar, que cobra 120 € en concepto de instalación, Euskaltel instala esta tecnoloxía de maneira gratuíta, aínda que leva parella unha permanencia de 12 meses coa compañía.

Sobre o autor

Reply