Probamos a Motorola Xoom, a primeira tablet con Gingerbread #mwc11

Despois do Mobile World Congress, xa sabemos que hai unhas cantas tablets con Gingerbread, Android 2.3, a versión optimizada para tablets. Pero algunha tiña que ser a primeira, e esa honra tena Motorola coa súa Xoom, presentada a comezos de ano no CES de Las Vegas. É ademáis, até o de agora, a tablet de referencia para Google, a que emprega nas súas presentacións, etcétera. Vamos, o “Nexus” das tablets.
Motorola aproveitou o MWC de Barcelona para volver presentar a súa tablet, iso si, para o público europeo. Trátase dun dispositivo cun procesador Tegra 2 fabricado por NVIDEA, con dobre núcleo, cada un deles a 1 GHz.
Ten unha pantalla de 10.1 polgadas cunha resolución de 1280 x 800 píxeles, cámara traseira de 5 MP, que grava en HD. Así mesmo, tamén ten unha cámara frontal pensada para videochamadas, iso si, de 2 MP.
En canto a conectividade, WiFi, 3G e 4G (inda que en Europa a presenza do 4G limítase a países do norte. Conta tamén con saída HDMI para conectar a un televisor, microusb, jack e 32 GB de almacenamento incorporado, inda que ampliábel con MicroSD.
Pero como o mellor é que o vexades, velaquí este vídeo.

 

Sobre o autor

Reply