Go Dev Team, unha alternativa á personalización do teu androide

Hai uns días estívenvos falando do ADW Launcher, un Launcher moi completo e que ofrece multitude de opcións, hoxe veño falarvos dunha empresa que se adica as aplicacións de personalización, dándovos opción de cambiar dende o Launcher até á axenda, pasando polo xestor de sms, contando para ilo con temas adicados especialmente para cada función.

Empezamos por Go SMS, unha pequena aplicación que fará dos envíos de mensaxes algo máis persoal coa súa interface personalizable dando opcións coma a de resposta rápida, un widget para o escritorio ou a opción de decidir a fonte do texto, o que a fai bastante completa e nalgúns casos mellor que a aplicación que vén de fábrica.

Go Contacts, quizais o menos avanzado de todos por non dispor de versión en castelán e non ter posibilidade de personalización, pero coma sempre unha alternativa. Conta con todo o imprescindible dunha axenda como a importación e exportación de contactos ou a xestión por grupos; dicir que ademais que cando descarguedes GO Contacts tamén descargaredes Go Dialer, que é o xestor da función teléfono e chamadas perdidas, que tamén inclúe algunha mellora para algúns terminais como pode ser a búsqueda dun número no momento que o tecleamos.

Go Weather, unha pequena aplicación destinada a estar informado do tempo en calquera momento, tamén moi personalizable con fondos en movemento, widget para escritorio e máis.
E por último Go Launcher Ex, que como xa vimos , encargase de cambiar o aspecto máis visual do telefono. Esta aplicación non está tan completa como ADW Launcher, pero aínda así cumpre perfectamente coa súa función, tendo varios temas dispoñibles para personalizar no Market. Sen dúbida recomendovos probalas todas , e máis tendo en conta que son gratuitas. Go SmS, Go Launcher Ex, Go Weather están dispoñibles no Market para a versión 1.6 e superiores excepto para Go Contacts que precisa da 2.0.
Agora que levamos xa un par de entradas sobre personalización en Mallando no Android gustaríanos que vos animásedes e nos mandásedes as vosas creacións así como os programas que utilizades para facer o voso teléfono máis voso, e se nos gustan colgarémolas e explicaremos como chegástedes a ese resultado.
Podedes facelo a través do noso correo, android(at)mallando.com

Sobre o autor

Reply