Facebook Messenger xa está dispoñible no Android Market para todos

Malia que xa vos faláramos da dispoñibilidade de Facebook Messenger, a verdade é que se queríamos acceder a aplicación no Market non tíñamos a opción de descargala por non estar dispoñible para a nosa zona. A opción que nos quedaba era descargala externamente e instalala pola nosa conta sen ter opción ás actualizacións. Agora xa está dispoñible no Market a primeira versión internacional polo que xa podemos ter a aplicación perfectamente actualizada.

Recordamos que Facebook Messenger serve para poder enviar mensaxes instantáneos a amigos que tamén fagan uso de Messenger e chatear con amigos conectados a Facebook entre outras cousas.
Facebook Messenger está dispoñible no Market de xeito gratuito para Android 2.2 ou superior

Sobre o autor

Reply