Simple Calendar Widget: mellora a visualización dos eventos do Calendar

Fai uns meses falabamos do Smooth Calendar, unha aplicación que permitía crear un widget no que se mostrasen os próximos eventos que tiveramos apuntados no calendario. Hoxe imos falar doutra aplicación semellante, o Simple Calendar Widget.
Simple Calendar permite facer o mesmo cunha maior personalización, tanto no aspecto estético coma no funcional e, ademais, parte dunha estética máis sobria.

Unha das funcionalidades destacadas, e que permite elixir o tamaño do widget, non ten que ser de 4×1, senón que, ademais dese, tamén o hai en 4×2, 4×3 e 4×4. Ten outras opcións, coma a de permitir resaltar os eventos que son para o día de hoxe cambiando o tamaño ou o tipo de letra, así coma a cor. Tamén podedes modificar as peles para acadar un aspecto diferente.

Para rematar, queremos avisar de que ao crear un widget de 4×1, por defecto, só sae un evento no widget, para poder poñer máis, o que temos que facer é, cando o creamos, ir a “Apariencia”, e en “Skin” elixir “Reloj SiMi (eventos múltiples)”. Recomendámosvos probar outras combinacións para sacarlle o máximo partido ao voso calendario.
Podedes descargar o widget gratuitamente desde o Market.

Sobre o autor

Reply