Google+ recibe novidades: nova versión de Hangouts e melloras en fotografía

Google vén de celebrar este serán un evento para falar de Google+, o servizo de Google que engloba rede social e todo un amplo abano de funcionalidades que a compañía da Gran G foi incorporando desde o seu lanzamento. O acto estivo centrado en tres apartados, un primeiro para ofrecer cifras de uso, outro centrado en Hangouts e un final para falar de fotografía.

googleplus

O momento

Google non quixo pasar a oportunidade de falar do momento no que se atopa Google+. Falaron das novidades que foron incorporando ao longo dos últimos meses, así como tamén do crecemento en usuarios da plataforma, con 540 millóns de usuarios a nível global, 300 dos cales son activos.

momento

Tamén anunciaron que cada semana súbense máis de 1500 millóns de fotos a Google+,  (non excesivamente lonxe dos 2100 millóns de Facebook), unha cifra que tamén está en crecemento constante.

Hangouts

O servizo de mensaxería unificada que chegou para unir as videochamadas co desaparecido Gtalk recibe tres grandes novidades nunha nova versión da aplicación, a 1.3:

  • Localización compartida: ábrese a posibilidade de compartir a localización nunha conversa, por exemplo se lle queremos indicar a algún contacto onde nos atopamos; este recibirá a nosa posición baseada en Google Maps.
  • Gifs animados: a partir de agora poderemos compartir imaxes animadas (gifs) nas conversas.
  • Integración cos sms: os SMS intégranse agora na aplicación de Hangouts, concentrando todas as conversas cun contacto. Isto pode parecer pouco interesante nestas latitudes, pero non debemos esquecer que este método de comunicación goza de gran popularidade en USA e Canadá, onde na meirande parte das tarifas son gratuítos e ilimitados.

hangouts

Vídeochamadas

A partir de agora as vídeochamadas inclúen soporte para resolucións en FullHD, ademais de novos filtros e opcións de compartir que se suman aos xa existentes. Tamén se posibilita traballar en pantalla completa.

Fotografía

Outro aspecto que se ve tremendamente mellorado é o da fotografía, un dos puntos aos que levan prestando especial atención nos últimos tempos. Presentáronse unha chea de novidades na liña de organizar, gardar, compartir e editar as imaxes e vídeos.

Quizais unha das funcionalidades máis relevantes é Auto Awesome Video, que colle automáticamente os vídeos e imaxes que subimos e, automáticamente, creará un filme que poderemos mellorar con centos de pistas sonoras ou recolocación de vídeos para despois, se queremos, compartilo. Podedes ver como funciona no vídeo que abre este artigo.

novasfuncions

Entre os novos filtros introducidos destaca HDR Scrape, que se presenta como parte de SnapSeed, de seguro que unha das mellores ferramentas para tratamento de fotografías nos smartphones. Así mesmo, desde agora será moito máis doado facer gifts a partir de imaxes, eliminar obxectos ou persoas que se puxeran no medio ao sacar as fotos e crear slow motions con poucos xestos.

Estes cambios, así como tamén a nova versión de Hangouts, irán chegando nas próximas horas a todos os usuarios, polo que é cuestión de tempo que os teñamos dispoñíbeis

[Actualización]: Descarga xa a nova versión de Google+ desde esta ligazón.

Sobre o autor

No Responses

Reply