O Geeksphone Revolution sairá á venda o 20 de febreiro

geeksphone_1O novo Geeksphone Revolution xa ten data para a súa posta á venda: o 20 de febreiro. A partir dese día poderase mercar na web do fabricante por 289 €, aínda que promocionalmente poderase adquirir durante uns días rebaixado a 269 €.

Este terminal do que xa coñecemos todas as súas características ténicas hai unhas semanas destaca pola capacidade que terán os usuarios de mudar de sistema operativo, puidendo elixir entre Android ou outros, como a tecnoloxía Boot2Gecko de Mozilla.

Este dispositivo, xunto o Blackphone, serán as dúas apostas que Geeksphone amosará no Mobile World Congress. Que vos parecen?

 

Sobre o autor

Reply