Ovos de Pascua e outros emojis animados dan vida ás túas conversas de Hangouts

A última actualización de Hangouts, ademais de modificar levemente o deseño e as cores da aplicación, trouxo consigo novos emojis que teñen como obxectivo facer as nosas conversas máis divertidas. Algúns deles actívanse con algunhas palabras chave, sen termos que seleccionalos no menú.

hangouts

É o caso das risotadas, que podemos activar con hahahaha, hehehehe, lmao ou rofl. Ou as expresións de éxito, que funcionan tras poñer yay!!, woohoo ou, nunha versión diferente, con woot. Se tedes a alguén de aniversario bastará con que lle digades parabéns para ver unha caixa sorpresa.

Todos estes emojis animados súmanse aos xa coñecidos ovos de Pascua de Hangouts, que permiten visualizar diferentes cousas tras introducir certos comandos, trolleando así ás nosas amizades. Son os seguintes (barra “/” incluída):

  • /ponies > Amosa un poni
  • /ponystream > Saen moitos ponies (para parar hai que volver introducir o comando.
  • /pitchforks > Aparecerá unha masa enfurecida.
  • /shydino > Amosa un pequeno dinosaurio.
  • /bikeshed > Muda a cor de fondo dos chats.
  • Código Konami: tecleando a secuencia arriba-arriba-abaixo-abaixo-esquerda-dereita-esquerda-dereita-B-A > Muda o fondo da pantalla.

Que vos parecen todos estes trucos?

Deixa un Comentario