O Apalpadroid deséxavos unhas Boas Festas!

apalpadroid nadal 2015

De seguro que todas coñecedes ao Apalpador, tamén coñecido como Apalpa-Barrigas ou Pandigueiro. Para quen non, trátase dunha figura mítica dun xigante carboeiro ligado á tradición do Nadal en diversas zonas da Galiza interior. Segundo contan, baixa das montañas na noite do 24 ou do 31 de decembro para visitar ás pícaras e pícaros, a quen lles toca o ventre para ver se comeron abondo durante o ano e deixarlles unha presa de castañas e algún que outro agasallo.

Apalpadroid

En Mallando no Android celebramos este Nadal co Apalpadroid, unha figura mítica coa que queremos desexarvos que pasedes unhas Boas Festas. O Apalpadroid comprobará os vosos trebellos para ver se fostes frikiñas e frikiños durante o ano, e sobre todo, fideis a Android; de ser o caso, seguro que vos deixa algún que outro trebello ou accesorio co que poder gozar nos próximos meses.

Portádevos ben!! 🙂

Equipo de Mallando no Android.

Deixa un Comentario