Woxter Zielo Q23, un smartphone KitKat por menos de 100 €

woxter zielo q23

Woxter vén de anunciar o lanzamento dun novo smartphone de gama de entrada, un dispositivo sinxelo para as usuarias que precisan facer uso de pouco máis ca das opcións básicas de comunicación. Falamos do Zielo Q23.

O trebello incorpora unha pantalla IPS de 4,5 polgadas, e está gobernado por un procesador Quadcore a 1,3 GHz, xunto a 1 GB de RAM e 8 GB de memoria interna que poden ser ampliados en 32 GB extra mediante tarxetas microSD. A súa cámara principal é de 8 megapíxeles (frontal VGA) e a batería de 2000 mAh.

Como sistema operativo emprega Android na súa versión 4.4.2, sen personalizacións do fabricante. Ten ranuras para 2 tarxetas SIM e está dispoñíbel en branco ou negro.

O Woxter Zielo Q23 pódese mercar por 99 € nos puntos de venda habituais.

Sobre o autor

Reply