Fuhu amosou no CES pizarras con Android

fuhu tablet

Se se vos quedaban curtas as 12 polgadas das tablets máis grandes, Fuhu ten a solución. Este fabricante vén de dar a coñecer no CES diversas tablets – pizarras baseadas en Android, chegando ás 65 polgadas.

Como podedes imaxinar non se trata de produtos pensados para as nosas casas, senón máis ben para entornos educativos como garderías ou colexio, polo que tamén integran software educativo como o que podemos ver nestas imaxes.

fuhu tablet 2

En total presentaron 4 modelos, que se diferencian polo procesador e pantalla. Os modelos máis pequenos (32 e 43 polgadas) teñen pantallas FullHD, procesadores Nvidia Tegra K1 e 2 GB de RAM, mentres que os máis grandes (55 e 65 polgadas) apostan polo 4K, procesadores Nvidia Tegra X1 e 4 GB de RAM. Todas elas dispoñen dunha cámara de 2 megapíxeles ,16 GB de memoria interna, WiFi, Bluetooth e NFC.

En canto a prezos, a de 65 polgadas custará 4000 dólares e a de 55 uns 2500. Sobre os modelos inferiores non hai información.

Deixa un Comentario