WhatsApp estrea versión web

whatsapp web

Os rumores que apuntaban a unha versión web de Whatsapp eran certos, e desde hai apenas uns minutos está operativa a web http://web.whatsapp.com, que albergará o servizo. Porén, até o de agora non é funcional, polo que pouco máis podemos contar.

WhatsApp responde así a unha demanda histórica das usuarias do servizo, que querían poder disfrutar das conversas en todas as plataformas. Semella pois que será o primeiro chanzo para que a aplicación sexa tamén multidispositivo.

Que vos parece a nova?

[Actualización] Descarga e instala este apk, entra na web. A continuación abre a aplicación, vai ao menú, clica en “WhatsApp Web” e escanea o código QR co móbil seguindo as indicacións

One Response

  1. José Casás 22 Xaneiro, 2015 Responder

Deixa un Comentario