As aplicacións de terceiros poderán amosar tarxetas en Google Now

google now

Google Now é se cadra unha das mellores cousas que realizou Google nos últimos tempos, que inclúe avisos automáticos baseados na información que recolle a compañía de Mountain View do conxunto das súas aplicacións e das nosas buscas e ubicación.

Tras aliarse con máis de 30 desenvolvedores relevantes, unhas 40 aplicacións novas serán proximamente compatíbeis con Google Now, o que significa que poderán amosar tarxetas coon información relevante para nós.

Neste grupo de aplicacións están, entre outras, Shazam, Runtastic, eBay ou TripAdvisor, polo que se as temos instaladas poderemos ver información relacionada con elas.

Que vos parece esta novidade? Estades nese grupo que xa non pode vivir sen Now?

Deixa un Comentario