YouTube Kids xa é oficial: chega o YouTube para as pequenas da casa

Hai uns días saltou a nova de que YouTube estaba preparando unha versión infantil, YouTube Kids, especialmente pensada para as pequenas da casa, grazas a que conta cunha interface simplificada e diferentes opcións que permiten a nais e pais decidir que ven (e como o ven) as pícaras.

O lanzamento desta nova app vénse de facer oficial, e xa está dispoñíbel na Play Store, aínda que polo de agora non a podemos baixar no noso país (imaxinamos que en breve poderemos facernos co apk para instalalo manualmente).

youtube kids

Entre as opcións orientadas a fornecer un control parental atopamos un temporizador que limita o tempo de uso, axustes de son e buscas e unha última opción para o envío de feedback, ao tratarse dunha aplicación de novo lanzamento.

YouTube Kids forma parte dunha estratexia de Google que ten como obxectivo o achegamento das pequenas á Internet de forma segura, e que terá diferentes facianas nos próximos meses, como un Gmail adaptado e de seguro outras moitas ferramentas máis.

Que vos parece a idea?

Sobre o autor

Reply