O HTC One (M9) fíltrase en todo o seu esplendor antes do MWC

Canto máis próximo está o MWC, máis filtracións chegan. A última vén da man de upleaks, que vén de publicar imaxes e vídeos (varios borrados) de introdución ao HTC One (M9), o teléfono que HTC presentará este mesmo domingo en Barcelona.

htc one m9 filtrado

As imaxes amosan que hai poucas novidades en canto a deseño, cumpríndose o peor dos prognóstios nese sentido. Porén vemos unha importante evolución na cámara, apostando por un sensor de 20 Mpx para a cámara principal e deixando a tecnoloxía UltraPixel para a frontal.

Para o sistema de son HTC volve elixir BoomSound, con dobre altofalante frontal que fará as delicias das usuarias ao reproducir multimedia.

Será o domingo ao mediodía cando HTC faga oficial este trebello, e o máis probábel é que chegue acompañado dun wearable en modo de pulseira.

Que vos parece?

2 Comentarios

  1. Hlk6 25 Febreiro, 2015 Responder
    • Iago Varela Martínez 25 Febreiro, 2015 Responder

Deixa un Comentario