Fíltranse renders dunha versión non definitiva do LG G4 e si, ten pantalla curva

lg g4 curvo 2

O LG G4 foi o grande ausente do MWC, con certa probabilidade para non ter que compartir protagonismo co Samsung Galaxy S6. Ambos os dous son os flagships máis agardados do 2015, xa que supoñen unha ruptura cos modelos anteriores das respectivas saga.

lg g4 curvo 3

O novo terminal de LG agárdase para abril, polo que a partir de agora serán cada vez máis frecuentes as filtracións de renders, fotos ou mesmo prezos nas diferentes operadoras.

lg g4 curvo 4

As que acompañan este artigo son as primeiras imaxes que se ven deste terminal, aínda que a propia fonte asegura que non se trataría do modelo definitivo, senón dun prototipo. De todo, o que máis chama a atención é a curvatura da súa pantalla, moito menos pronunciada ca o do LG G Flex 2 que vimos hai uns días, e seguramente non flexíbel.

g4 filtrado curva

A espera está chegando ao seu fin, e axiña coñeceremos todos os detalles oficiais dun dispositivo que debe recuperar a ilusión xerada polo LG G2 logo da certa decepción que supuxo o LG G3.

Tedes ganas de coñecelo?

Sobre o autor

One Response

  1. mostyboy 11 Marzo, 2015 Responder

Reply