A intelixencia chega ás botellas coa nova Thermos Smart Lid

En máis dunha ocasión escoitamos aquilo de que debemos beber “X” litros de auga ao día por temas de saúde, aínda que a cantidade muda dependendo de onde busquemos a información ou a quen consultemos.

Nesta época na que comprobamos e cuantificamos practicamente toda a nosa vida sorpéndennos todo tipo de gadgets, como a nova Thermos Smart Lid, unha botella para a auga intelixente en moitos sentidos.

Thermos Smart Lid

O primeiro, e quizais máis obvio, é a súa función térmica (do termo de toda a vida), mais sen dúbida o que chama a atención é o seu cristal, que se ilumina en diferentes cores para alertarnos de varios eventos, como que a auga está fría ou que o líquido vaise esgotando e precisamos reenchela.

Dispón ademais dunha aplicación (polo de agora só para iPhone, aínda que semella que están a traballar nunha versión para Android) que vencella o noso smartphone coa botella a través do Bluetooth, establecendo canto deberíamos beber de cordo coas nosas características físicas.

A botella ronda os 60 dólares, algo máis de 50 euros. Estaríades dispostas a pagar por algo semellante?

Deixa un Comentario