Vodafone Smart 6, o novo terminal 4G de Vodafone

Vodafone segue na súa teima de dispór en catálogo de terminais de marca branca, fabricados por diferentes empresas e comercializados baixo a marca de Vodafone. O último deles é o Vodafone Smart 6, un terminal sinxelo co que poder disfrutar das redes 4G da compañía.

O Smart 6 está fabricado por Alcatel e ten unha pantalla de 4,5 polgadas (854 x 480 píxeles). No seu interior integra un procesador MediaTek de catro núcleos a 1,1 GHz, 1 GB de memoria RAM, 8 GB de memoria interna (extensíbeis con tarxetas microSD de até 32 GB) e cámaras de 5 e 2 megapíxeles. Funciona con Android 5.0 Lollipop.

Como podedes ver, trátase dun terminal de prestacións modestas. Porén, isto non impide que sexa compatíbel cos novos servizos de Vodafone, como Call+, Backup+ en Dropbox, Secure Net ou Voz HD. Ademais, se se merca vencellado a unha tarifa Red poderase disfrutar de Napster durante 3 meses ou 2 anos.

En canto a prezos, pódese adquirir en portabilidade desde contrato con compromiso de 18 meses por 0 € con calquera plan Red ou Vodafone One. Tamén está dispoñíbel por 0 € de custe inicial e 3 €/mes durante 24 meses cos plans Smart e por 9 € de custe inicial e 3 €/mes co plan Mini S, que inclúe chamadas a 0 cént/min (establecemento 20 cént) e 900 MB a 4G. Se preferimos non ter compromisos ou permanencias deberemos aboar 99 €.

Na seguinte táboa resúmense os prezos

 

Que inclúe?

 

Smart Speed 6

 

MINI S

11,5€/mes

 

0 cént./min.

12 cént./SMS

900MB 4G+

Voz HD e 4G+

1 ano Backup+ 25GB Dropbox

3 meses de Secure Net

 

9+3€/mes

 

SMART S

20€/mes

 

200 min.

12 cént/SMS

1GB 4G+

Voz HD e 4G+

1 ano Backup+ 25GB Dropbox

3 meses de Secure Net

 

0+3€/mes

 

SMART M

23€/mes

 

200 min.

12 cént/SMS

1,5GB 4G+

Voz HD e 4G+

1 año Backup+ 25GB Dropbox

3 meses de Secure Net

 

0+3€/mes

 

RED M

33€/mes

 

chamadas e SMS Ilimitados

3GB 4G+

1 ano Backup+ 25GB Dropbox

3 meses Secure Net

3 meses Napster

 

0+0€/mes

 

RED L

42€/mes

 

chamadas e SMS Ilimitados

5GB  4G+

2 anos Backup+ 25GB Dropbox

2 anos Secure Net

2 anos Napster

 

0€+0€/mes

 

RED XL

59€/mes

 

chamadas e SMS Ilimitados

8GB  4G+

2 anos Backup+ 25GB Dropbox

2 anos Secure Net

Roaming Europa:1000 min./1GB

chamadas internacionais: 100m.

+Liñas Datos: comparte con

outros dispositivos

2 anos Napster

 

0€+0€/mes

SEN

PERMANENCIA

99€

Deixa un Comentario