A nova Microsoft Surface Pro 4 quere que esquezas o teu portátil

microsoft surface 4 pro

Teñen os portátiles os días contados? Difícil facer unha previsión, mais o certo é que os movementos que estamos a ver ultimamente semellan ir nesa dirección. Se hai unhas semanas era Apple quen anunciaba o seu iPad Pro hoxe foi Microsoft quen nos descubriu a súa Surface Pro 4, un trebello co que aspiran a que nos esquezamos do noso portátil.

A Surface Pro 4 é unha nova xeración do convertible estrela de Microsoft que destaca pola súa pantalla de 12,3 polgadas con resolución de 267 píxeles e protección Gorilla Glass 4, así como pola nova versión do seu lapis, que ten até un ano de autonomía.

Ollando o resto de especificacións atopámonos con até 16 GB de memoria RAM e 1 TB de memoria interna na versión superior. Así mesmo, inclúen a sexta xeración dos procesadores Intel Core, que combinan potencia e menor consumo enerxético para multiplicar as horas de autonomía.

Por suposto o teclado tamén será un accesorio imprescindíbel nesta nova versión; foi redeseñado para incluír un trackpad un 40% máis grande e detección de 5 puntos simultáneos.

Estará dispoñíbel nos Estados Unidos o 26 de outubro desde 899 dólares na versión máis básica. Proximamente saberemos cando e a que prezo chegará ao noso país.

Que vos parece?

One Response

  1. Diego 6 Outubro, 2015 Responder

Deixa un Comentario