Surface Book, o novo portátil 100% de Microsoft

Hoxe tivemos a presentacións dos novos Lumia e a Surface Pro 4 de Microsoft, das que xa vos falamos, pero iso non foi todo. Para rematar a festa, a xente de Redmond sorprenderon co Surface Book, o primeiro PC creado integramente por Microsoft.

O que máis nos chama a atención é o seu hardware, pois conta con dúas solución gráficas. Por unha banda temos unha GPU Intel integrada e por outra unha  GeForce adicada de 1 GB de RAM GDDR5. Ademáis ten un punto moi interesante, xa que podemos separar a Surface Book do teclado e empregar como se fose unha tablet convencional.

Temos que aclarar, que a GPU adicada está situada na base do teclado, polo que cando empreguemos en modo tablet, estaremos empregando só a Intel integrada.

surface book 02

A pantalla de 13,5 polgadas, con formato 3:2, ten unha resolución de 3000 x 2000 píxeles, que ofrece un densidade de 267 ppi. No apartado tátil, destacamos que é quen de detectar até 10 puntos de presión. Na caixa ademáis atoparemos o Surface Pen, polo menos, nos EUA.

En canto á conectividade teremos unha rede WiFi ac 2×2 MIMO, Bluetooth 4.0, un miniDisplayPort, 2 UBS 3.0, e lector de tarxetas SD, ademáis do conector para o dock que poderemos mercar por separado para complementar a equipa. As cámaras sabemos que son de 8 Mpax para a dianteira e de 5 Mpx para a traseira, e ambas as dúas son quen de gravar a 1080p.

O Surface Book pesa ao redor de 1,5 Kg, mentres que se se o separamos do teclado queda en tan só 728 gr, o que é un dato moi axustado para unha equipa de 13,5″

surface book 01

Segundo a configuración que elixamos teremos os seguintes prezos (polo de agora en dólares):

  • 1499$: 128GB / Core Intel i5 / 8GB RAM
  • 1699$: 256GB / Core Intel i5 / 8GB RAM
  • 1899$: 256GB / Core Intel i5 / 8GB RAM / dGPU
  • 2099$: 256GB / Core Intel i7 / 8GB RAM / dGPU
  • 2699$: 512GB / Core Intel i7 / 16GB RAM / dGPU

Que vos parece o novo PC de Microsoft?

Sobre o autor

Reply