Fossil Q Founder, o novo reloxo con Android Wear

Tras moito ruxe – ruxe e varias semanas de teaser, o reloxo froito da colaboración entre Fossil, Google e Intel xa é oficial. Falamos do Fossil Q Founder, un smartwatch que leva Android Wear no seu interior.

O trebello ten un deseño que inclúe unha caixa circular cunha coroa a modo de botón no lateral dereito do dispositivo. Os acabados son en aceiro inoxidábel, con correas intercambiábeis, aínda que nos paquetes estándar xa poderemos elixir entre coiro ou metal.

fossil q founder - 1

Das especificacións técnicas pouco se falou durante a súa presentación, aínda que obviamente o procesador é un Intel. Imaxinamos que a memoria RAM e a interna serán de 512 MB e 4 GB, capacidades comúns a todos os smartwatches Android Wear presentados até o de agora.

Está previsto que o novo Fossil Q Founder estea á venda nas próximas semanas desde 275 dólares nos Estados Unidos, e polo de agora non hai novas da súa posíbel posta á venda en Europa.

Deixa un Comentario