Queres pegarte con alguen? Rumblr é a túa app

Erguédesvos da cama con ganas de pegarlle a alguén? Igual non sodes tan raros… todo o contrario hai máis xente coma ti. Afirmamos isto porque Rumblr é unha app para xuntaros a todos ao máis puro estilo da película “El Club de la Lucha“.

rumblr

Con esta app, contactades con outra persoa, quedades, dádesvos unhas hostias e tan amigos. Sen máis compromisos. A que mola? Se aínda non saídes do voso asombro, tranquilas, todo ten unha explicación. Rumblr é o resultado dunha campaña de marketing que ten como obxectivo final dar a coñecer von Hughes, unha nova axencia de consulting creativo: que mellor estratexía para dar a coñecer algo novo que unha boa polémica?

Os primeiros usuarios que se rexistraban na app, recibían a seguinte mensaxe:

Rumblr comezou coma un proxecto para axudar a lanzar a nosa axencia de consulting creativo, von Hughes. Somos unha equipa de antigos estudantes universitarios con experiencia en marketing, deseño e enxeñería. Rumblr surxe dun xeito natural coma unha idea divertida entre amigos, pero que axiña evolucionou cara unha oportunidade para amosar as nosas habilidades publicitarias. Pensamos que é unha oportunidade para demostrar a nosa capacidade para producir unha marca, un mercado e un producto, e isto foi o que fixemos.

Matt, Jack y Andrew.

Que vos parecen estas polémicas para dar a coñecer outro producto, servizo ou acontecemento?

Sobre o autor

Reply