Así son as novas baterías externas de Energy Sistem

Comeza o ano e Energy Sistem renova a súa gama de baterías externas coas novas Energy Extra Battery, un abano de sete baterías con capacidades de 2500, 5000 e 10000 mAh que queren ser o complemento perfecto para aumentar a batería dos nosos dispositivos, xa sexan smartphones, tablets ou eReaders.

Os novos modelos destacan polo seu deseño compacto, ideal para poder gardalos en calquera lado, e polas moitas opcións de cores dispoñíbeis: branco, negro, coral, fucsia, menta e azul. Todas elas integran cable microUSB para cargar a batería dos nosos dispositivos e un porto USB para conectar o cable a outro dispositivo e cargar dous ao mesmo tempo.

As novas batería externas de Energy Sistem veñen cun sistema intelixente de protección ante sobrecargas, cortocircuítos e picos de tensión e están dispoñíbeis desde 9,95 até 29,90 euros.

Deixa un Comentario