Analizamos o bq Aquaris M4.5

Estes días estivemos probando un dos terminais da familia aquaris M da empresa española bq, o Aquaris M4.5.

Características

A unidade que tivemos a oportunidade de probar é a versión de 2 GB de RAM con 16 GB de alacenamento interno, dos que 10,7 GB son para a usuaria. O procesador é un Mediatek Quad Core Cortex A53 con cámara principal de 8 mpx dual flash e a dianteira de 5 mpx con flash. Ademáis coma ven sendo habitual contamos con dous slots para microSIM.

Pantalla e son

A pantalla que topamos neste terminl é un panel de 4.5 polgadas que se cadra para moitos xa non e dabondo, pero que se ver realmente ben pois conta cunha nova tecnoloxía chamada Quantum Color + presentada por bq na familia Aquaris M que fai que os colores sexan moi vivos e os 450 nits de brillo fan que o terminal se vexa ven en condicións de moita luz directa.

bq m4.5 00

En canto ao son atopamos unha mellora importante respecto a outros terminais da empresa pois o M4.5 conta cun tratamento dixital do son asinado por Dolby que axuda a mellora experiencia multimedia e calidade das chamadas grazas á incorporación dun micrófono de cancelación de ruidos.

Cámaras

No apartado fotográfico temos unha boa cámara coas condicións axeitadas de luz e que se defende ben cando empeoran. Ademáis os diferentes modos da cámara, coma o HDR axudan a obter un bo resultado. Podedes ver unha mostra de imaxes tomadas con este dispositivo na nosa páxina de Flickr.

Conclusións

O bq Aquaris M4.5 é un un terminal para unha persoa que busca un móbil pequeno, lixeiro e que se agarre ben, pois e un terminal delgado e relativamente estreito. Ademáis, o terminal responde ben e durante os días que o estivemos probando non atopamos lagueos nin respostas lentas diante das nosas exixencias: abre ben aplicacións desde 0 e cando accedemos a unha app desde a multitarefa cárgaa ao momento.

Malia que a pantalla é algo cativa para ter unha experiencia multimedia óptima, a calidade tanto do panel coma do son, fai que se nos esqueza o tamaño desfrutemos de calquera contido.

Este terminal xa non se vende na web de bq, pero se estades intersados podédelo atopar en moitas tendas online, por debaixo dos 200€

Agradecemos a María, unha das nosas seguidoras, a achega do terminal para poder facer esta análise.

Sobre o autor

Reply