Descarga os fondos de pantalla que incluirá o Samsung Galaxy S7

Quedan só 11 días para coñecer o novo Samsung Galaxy S7, aínda que sendo sinceras xa o sabemos practicamente todo del. Malia todo, imaxinamos que a fabricante conservará algunha sorpresa para o Unpacked, previsibelmente relacionada coa realidade virtual.

Agora véñense de filtrar os 13 fondos de pantalla que incluirá o novo buque insignia de Samsung, que podedes ver a continuación e descargar para ter no voso móbil. Que vos aprecen?

Deixa un Comentario