As usuarias de Abanca xa poden usar Samsung Pay

Desde hai unhas semanas o sistema de pagos móbiles Samsung Pay está dispoñíbel no noso país, aínda que ao comezo só a través de Caixabank. Porén, desde hoxe, as usuarias de Abanca xa poden empregar este servizo, sendo a entidade galega a segunda financieira europea en sumarse a el.

Este novo método de pago permite ás usuarias de terminais Samsung compatíbeis que sexan clientes de Abanca pagar en calquera establecemento que acepte pagamentos con tecnoloxía contactless. Para ilo tan só terán que dar de alta as tarxetas Visa de Abanca, sexan de débito ou crédito, nos dispositivos para poder facer os pagamentos de forma sinxela.

abanca samsung pay

Proceder aos pagamentos é moi sinxelo: as usuarias tan só terán que despregar Samsung Pay, elixir a tarxeta á que se quere facer o cargo e identificarse coa pegada dixital para autorizar o pagamento. O móbil encárgase de conectarse co terminal de venda (TPV), facendo a transferencia de forma rápida e segura.

Samsung Pay conta con tres niveis de seguridade (a tokenización dixital, o lector de pegadas dixitais e Samsung KNOX), co que os dados son transmitidos de forma segura, e está dispoñíbel para o Galaxy S7, Galaxy S7 Edge, Galaxy S6, Galaxy S6 Edge e Galaxy S6 Edge+.

Sobre o autor

Reply