Os Asus ZenFone 3 e ZenFone 3 Max xa están á venda no noso país

unnamed

Malia ter sido presentados durante o pasado mes de maio, hoxe póñense á venda no noso país algúns dos últimos dispositivos da taiwanesa Asus. Falamos dos modelos Zenfone 3 e Asus ZenFone 3 Max, que xa se poden mercar a través da tenda online da compañía.

Dispoñíbel en dúas versións segundo o tamaño da pantalla, 5,2 ou 5,5 polgadas, o Asus ZenFone 3 está fabricado en metal e cristal, ofrecendo ás usuarias un deseño no que destacan os bordes perfectamente contorneados. No seu interior atopámonos con que leva un procesador Qualcomm Snapdragon 625, fabricado en 14 nanómetros, xunto a 4 GB e memoria RAM para poder mover todo tipo de aplicacións e xogos.

unnamed

A cámara principal ten un sensor de 16 megapíxeles e dispón tamén de flash tipo LED e enfoque automático TriTech. Leva sensor de pegadas dixitais, situado na parte traseira do dispositivo, e conectividade mediante WiFi 802.11ac MU-MIMO. Pódese mercar por un PVP que comeza nos 369 €.

Por outro lado, o ZenFone 3 Max aposta pola autonomía, cunha batería de litio de 4100 mAh que tamén pode empregarse tamén para cargar outros dispositivos. Do seu deseño e acabado metálico destaca o vidro cortado en diamante e con curvatura en 2.5D. Pódese mercar por 199 €.

A tablet ZenPAD 3S 10, tamén dispoñíbel

Xunto a estes dous teléfonos tamén se pon á venda a tablet Asus ZenPad 3S 10, un dispositivo con pantalla de 9,7 polgadas e resolución 2K (2048 x 1536 ppp), que ademais destaca polo seu deseño, cun grosor de apenas 5,8 mm.

En canto ao son, etá equipada con dous amplificadores intelixentes NXP e compatibilidade con DTS HeadPhone:X, ademais de ter saída de audio en alta resolución de 24 bits. A batería é de 5900 mAh, abondos para acadar as 10 horas de reprodución de vídeo ou unhas 12 horas de navegación web con WiFi, pero ademais leva Quick Charge 3.0 para acelerar a carga.

A Asus ZenPad 3S 10 está dispoñíbel por 379 euros.

Sobre o autor

Reply