Duo sustituirá a Hangouts como aplicación de mensaxería preinstalada en Android

google-duo-2

Ten Hangouts os días contados? Recentemente falamos no blog da errática estratexia de Google ao respecto das aplicaciónse púñamos como exemplo o caso das opcións de mensaxería instantánea. E é que tendo Hangouts, que combina mensaxes de texto, chamadas de vídeo e capacidades multidispositivo e multiplataforma, que senso ten lanzar Allo e Duo?

Cabe lembrar que Allo e Duo son as dúas novas aplicacións de Google que, a diferenza das anteriores apps de mensaxería instantánea da compañía, empregan o noso número de móbil para identificarnos en vez da conta de Google. Allo funciona realmente ben como aplicación de chat móbil (malia non ser multidispositivo) e pola súa integración con Google Assistant, e Duo é unha ferramenta para vídeochamadas áxiles que ten como principal característica que a receptora da chamada ve o vídeo antes de descolgar.

Duo: opción preinstalada no canto de Hangouts

Nun correo remitido por Google aos fabricantes que empregan Android o pasado 5 de outubro, a compañía confirmou a non obligatoriedade de preinstalar Hangouts, en favor de Duo, cambio que entra en vigor o próximo 1 de decembro.

Como xa temos comentado noutras ocasións, Google exixe a aquelas empresas que empregan Android nos seus dispositivos e que queren ter acceso á Play Store a instalar o paquete de Google Apps, no que até o de agora estaba Hangouts.

Os cambios nestas esixencias implica que os trebellos Android lanzados despois de decembro que teñan acceso á Play Store terán si ou si Google Duo, e será decisión do fabricante preinstalar ou non Hangouts. En calquera caso, como usuarias, sempre poderemos facer a instalación de Hangouts manualmente desde a Play Store.

Comézase a escribir o comezo da fin de Hangouts?

Sobre o autor

Reply